Estudio sobre a ciberseguridade en O Ribeiro

Os alumnos e alumnas 2º de Bacharelato de TIC do IES de Ribadavia vimos de realizar unha enquisa sobre a seguridade e o emprego de dispositivos no ámbito da informática, na comaraca de O Ribeiro. O primeiro paso que dimos foi a creación dunha serie de preguntas de carácter anónimo,que logo difundimos a través das nosas redes sociais e dun código QR. Un total de 118 veciños e veciñas da comarca responderon o noso traballo. Compre destacar que o grupo de idade que máis participou foi o dos adolescentes. 
 
A primeira resposta que podemos destacar é, que a maioría das persoas que realizaron a enquisa teñen WIFI, na súa casa. Tamén vos mostro a gráfica na que se reflicte que case o 50% recibiron o seu primer teléfono a idade de 12 a 14 anos.
Os dispositivos informáticos máis utilizados, como era de esperar, son o teléfono móvil e o ordenador, seguido da tablet. Son utilizados na súa maior parte para o uso das redes sociais e entretemento; seguidamente son utilizados para o estudo, buscar información e traballo.
 
No seguinte gráfico podemos observar o "enganche" que teñen os dispositivos informáticos.                                                            

 
Pasar moito tempo con estes dispositivos pode supoñer, en moitos, casos a perda da rutina, de poñer pouca atención no estudo/traballo, adiccións e incluso navegar en páxinas non recomendables. Creo que dende as institucións deben promover formación en institutos, centros socio-comunitarios etc. para ter un uso adecuado da tecnoloxía.
 
Un 12% das persoas que realizaron a enquisa sufriron ciberacoso. Un dos lados máis negativos das tecnoloxías e que non limita estas accións a un espazo físico polo que debemos estar precavidos ante calquera tipo de comentario. Para previr esto é necesario ter algo de información sobre como actuar ante esta situación e saber a quen recurrir.


 
Nesta outra gráfica podemos observar que un 30% das persoas que realizaron a enquisa non fan copia de seguridade, esto seguaremente se deba a que non saben a importancia que ten facelas para gardar todos os nosos datos. 

En referencia as ameazas e fraudes podemos resaltar que moitas persoas non saben o que son este tipo de ataques. O mesmo pasa cos antivirus pois un 34% non ten instalado ningún nos seus dispositivos.

 

As compras online son un fenómeno recente que se incrementaron coa pandemia da Covid-19.
A resposta a esta pregunta danos moito que pensar sobre os individuos que podemos atopar nas redes sociais.

Por último gustaríame resaltar a importancía da información no ámbito das tecnoloxías, pois máis da metade das persoas que fixeron a enquisa aceptan as cookies sin saber as consecuencias, que veñen sendo a venta dos nosos datos as grandes empresas.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

¿Qué es la seguridad informática?

Bienvenida